Saltar ao contido principal

Publicacións

A bolsa / La bolsa

A bolsa Unha suave brisa foi suficiente para introducir unha lixeira bolsa de plástico na dársena que danzaba libremente dun lado cara o outro por diante dos vehículos. O responsábel das instalacións, coa intención de recollela para evitar que puidera pegarse a algún motor quente, achegábase lentamente ata a súa posición evitando interromper a circulación vial. Restábanlle tan so tres metros para alcanzala cando se lle adiantou un usuario que en lugar de recollela, lanzoulle tremendo cuspe verde que co seu peso freou en seco a elegante danza deixándoa prisioneira contra o chan.
Coa cara desencaixada pola sorpresa e o noxo, o encargado da dársena volveu sobre os seus pasos para ir na procura dalgunha ferramenta que lle evitase ter que coller a bolsa coas súas propias mans. Cando regresou, a bolsa desaparecera.
***
Guillerme levara o coche ao taller mecánico esa mesma mañá, había uns tres días que notaba un desagradábel cheiro a queimado que parecía vir do motor.
A boa nova que lle deu…

O acumulador / El acumulador

O acumulador Coma de costume, Samuel lanzou a cabicha dentro da rampa do aparcadoiro público que tiña fronte ao comercio no que traballaba. Desde que a lei lle impide fumar dentro do local, vese obrigado a facelo á intemperie e iso comíalle por dentro e por iso, pouco lle importaba pensar no pobre diaño que tivese que recoller ese montón de restos de tabaco que producía cada día coma tampouco o coste que tería para a sanidade pública o tratamento das enfermidades provocadas por ese vicio. Porén, nos múltiples e intensos debates que tiña coa xente xunto á que compartía momentos fumando, non se cortaba ao criticar a todo aquel que tentaba evadir impostos con iso de que "Facenda somos todos" e con máis rabia aínda contra os que sen traballo facían uso do servizo público de saúde porque segundo el, non cotizaban.


El acumuladorComo de costumbre, Samuel lanzó la colilla dentro de la rampa del aparcamiento público que tenía frente al comercio en el que trabajaba. Desde que la ley …

Copas rotas

Copas rotas A pesares da chuvia e do frío, o bar de copas estaba tan abarrotado de clientela que preferían rematar a copa no exterior onde podían conversar con máis tranquilidade. A lei prohibía o uso de vasos de cristal na vía pública pero moitos locais a saltaban con impunidade.
Remataron as súas bebidas e lanzando as copas á estrada afastáronse do lugar ao son dos cristais rotos.
Minutos máis tarde, os dous enormes porteiros do pub saían socorrer a unha moza que perdera o control do seu vehículo quedando atravesada no medio da rúa.
A roda dereita dianteira estoupara provocando o accidente e alertando co estrondo aos empregados do local nocturno. Un deles decatouse minutos máis tarde que por milímetros non se ferira a planta do pé cun anaco de cristal que case lle atravesara a sola do zapato.


Copas rotasA pesar de la lluvia y del frío, el bar de copas estaba tan abarrotado de clientela que preferían acabarse la copa en el exterior donde podían conversar con más tranquilidad. La ley…

A mala sorte / La mala suerte

A mala sorte Estaba acostumado a traballar na quenda de noite e o día que llo cambiaron costoulle tanto conciliar o sono que cando comezou a xornada apenas tiña durmido media hora.
Ao segundo día, pensando que por cansazo caería rendido polo sono, ao chegar a certa hora o seu reloxo biolóxico activouse e tampouco puido durmir máis de dúas horas.
Ao terceiro día decidiu axudarse cun somnífero lixeiro e puido finalmente conciliar o sono durante as súas ben merecidas oito horas ininterrumpidamente.
Cando sonou o espertador, ergueuse aínda adurmiñado e tras unha refrescante ducha o branco dos seus ollos aínda presentaba unha tonalidade gris. Pasou máis tempo do acostumado á procura dos complementos do seu uniforme. A funda da súa arma regulamentaria non estaba onde pensaba tela deixado. 
Tras vestirse, preparouse un café e as torradas do almorzo facendo máis barullo do que quixera nesas temperás horas. As portas pechábanse con inusitada violencia e descontrolada forza. Os cubertos caéron…

Cortesía

Cortesía Conducía por unha estrada angosta a unha velocidade moderada. Era un día gris e chuvioso. A calzada, húmida, non podía presumir de acharse nun óptimo estado de conservación e iso o mantiña moi atento a todo o que acontecía ao seu redor.
Nunha recta sen beiravía, un autobús cargado de pasaxeiros aproximábase ao seu encontro. Calculou o espazo e aínda que podían pasar ámbolos dous vehículos, a manobra ía ser moi axustada e complexa.
Uns metros máis adiante víase unha bifurcación cara a esquerda e creu que a mellor opción sería acelerar para chegar con total comodidade. Así o fixo; pero lonxe de agradecerllo, o chofer ollaba para el facendo xestos de desaprobación coa cabeza e un pasaxeiro que viaxaba de pé, ao seu carón, co dedo índice da súa man dereita tocaba a tempa con movementos circulares dándolle a entender que o tomaba por un louco nese universal código de signos que todos e todas comprendemos; para rematar sinalando o que tiña detrás.
Por un momento pensou que fixera …

A cea familiar / La cena familiar

A cea familiar Cedo, coma un reloxo, coas súas ferramentas de limpeza, Uxía fregaba as dependencias do centro de negocios mentres vía pasar ás traxadas xentes que traballaban nas oficinas. Sen perder o sorriso, desexáballes a cada un desas persoas un seguro "Bos días". Poucos eran os que llo devolvían e incluso algún parecía sorprendido e ata molesto. Perderan o costume de saudar fóra do traballo, cada persoa ía ao seu, desexarlle unha boa xornada a alguén era só unha formalidade comercial. De non poderse sacar nada do interlocutor, non pagaba a pena.
A pesar do silencio que recibía coma resposta, Uxía non se desanimaba na súa actitude. Así pasaba o día, sen perder o sorriso a pesar da suor que testemuñaba un traballo duro e para nada sinxelo.
Ao remate da xornada subíase ao seu humilde utilitario que guiaba ata o fogar onde agardaba unha familia que si lle correspondía coma merecía. Ceaban xuntos enfrascados en amenas conversas. Uxía feliz ao fin e o cabo. A súa familia ax…

O soño / El sueño

O soño Chegou esgotada a casa. Fora unha tristeira e longa xornada e xa por fin quedara soa coa intimidade que precisaba para chorar a súa perda.
Deixou o teléfono móbil sobre a mesa do salón e acomodouse na cadeira de brazos favorita do seu pai. Agora que xa non estaba con ela, precisaba alo menos sentir a aperta dese ser inanimado ao que nunca antes lle dera a importancia que agora tiña. De socato, o teléfono comezou a zoar. Puxérao en silencio sen imaxinar o moito que lle podería molestar ese son producido pola vibración. Nin sequera fixo amago de collelo, como tampouco lle importaba nada quen estivera ao outro lado. Tan so precisaba ese tempo consigo mesma deixándose querer por esa cadeira que aínda conservaba o doce arrecendo do perfume que o seu pai usaba dende había décadas. Pechaba os ollos e sentíase nos seus brazos. Non ía permitir que ninguén nin nada estragase ese intre.
O móbil volveu zoar e nesta ocasión conseguiu irritala. Cando parou o molesto bruído amplificado polos…